Quenes Somos

Jar Mobiliario - Contract

Carpintería Jar Nova, S.l. foi fundada no ano 1980 por Secundino Jar Novoa. Unha empresa familiar con ampla experiencia no sector da madeira que aposta polo deseño e a calidade do produto ofrecéndolle ao cliente o mellor servizo personalizado a prezos competitivos grazas ao estudio exhaustivo dos procesos de fabricación.

A actividade principal céntrase no deseño, fabricación, instalación e execución de proxectos de interiorismo de ámbito nacional e internacional como a instalación de tendas e decoración de vivendas en Lisboa, París, Londres, Southampton, Santo Domingo, Bareie Dubay entre outras.

A empresa conta con instalacións de máis de 6.000 metros cadrados equipadas con maquinaria de última tecnoloxía.